Arroxo insta á CHMS a asegurar a estrada ao colexio da Ponte

Un técnico do organismo de augas acudiu este luns a comprobar o estado dos noiros que soportan a vía e certificar a súa erosión
Estado actual del caneiro do Muíño. SEBAS SENANDE
photo_camera Estado actual do caneiro do Muíño. SEBAS SENANDE

O alcalde en funcións, Rubén Arroxo, insta á CHMS a añalizar as solucións técnicas aos problemas da estrada que vai ao colexio da Ponte, unha vía próxima ao río e que se ve afectada pola erosión que este exerceu sobre os noiros que a soportan. Arroxo remitiu o luns unha carta a José Antonio Quiroga pedíndolle unha reunión para estudar o asunto e propóndolle que se celebre en Lugo, de forma que se poida facer unha visita á zona afectada.

Pola súa banda, o organismo de augas confirmou que un dos seus técnicos visitara a zona este luns para certificar a erosión e avaliar o estado da zona. Tamén aclarou que se responderá o máis axiña posible á petición realizada polo Concello.

Os veciños seguen preocupados polo estado da estrada. Logo das últimas crecidas do río observan como parte da terra dos noiros desapareceu e temen que isto favoreza o desmoronamiento da vía. Reclaman que se establezan medidas antes de que volva o mal tempo e as choivas porque as próximas crecidas poden resultar clave.

Achacan o problema ao deterioramento do caneiro do Muíño, que rompeu durante as obras de restauración da ponte romana co obxectivo de baixar o nivel da auga e, desta forma, facilitar os traballos. Aínda que a previsión era recuperar o estado previo do caneiro unha vez que finalizasen as obras, o certo é que non se fixo. Co tempo, esa situación contribuíu a modificar o comportamento da canle e a facilitar que as crecidas afectasen especialmente aos noiros.

Reclaman que se proceda ao arranxo do caneiro e recordan que é algo que se debeu haberse feito hai xa anos polo que ven urxente que se acoute o problema sen demoras. Recordan que se trata da estrada que dá servizo ao colexio da Ponte.

O propio presidente da Confederación, José Antonio Quiroga, comprometeuse hai uns meses a estudar a situación dos caneiros do Miño ao seu paso por Lugo e a traballar en favor de recuperación desas represas, que aínda teñen un papel crave na regulación do río. Previamente, en setembro de 2017, a CHMS comprometeu unha partida de 300.000 euros para rehabilitar esa estrutura pero non chegou a fixar prazo algún.

A Confederación anunciou en 2017 unha partida de 300.000 euros para arreglar o caneiro que contribuiu a esa erosión

FOCHANCAS. Aínda que a principal preocupación dos veciños é a da erosión dos noiros e as consecuencias que iso pode ter na seguridade da vía, tamén se queixan do estado do firme. O presidente da peña Pillería, José Antonio Vidal, explica que está convenientemente asfaltada ata o colexio, pero, a partir de aí, atópase moi deterorioda. "Hai tantas fochancas que o acceso ao local social está impracticable", explicou, dunha vía que dá acceso tamén ao campo da feira.

Asegura que a situación dos noiros é algo que os residentes contemplan con inquietude, a pesar de que "nalgún punto hai tanta maleza que é complicado saber como está realmente".