Arroxo, sobre Candia: "Vemos negativo que a líder da oposición sexa unha persoa que non vive en Lugo"

"Isto non pode ser un trampolín, é unha falta de respecto", lamentou
Elena Candia. XESÚS PONTE
photo_camera Elena Candia. XESÚS PONTE

O tenente de alcaldesa do Concello de Lugo, o nacionalista Rubén Arroxocualificou de totalmente "negativa" a elección da mindoniense Elena <>como candidata do Partido Popular á alcaldía de Lugo de face ás eleccións municipais do próximo ano 2022.

"Respectamos totalmente os procesos internos dos outros partidos políticos, pero vemos totalmente negativo que quen vai ser a nova líder da oposición sexa unha persoa que non vive en Lugo, que non viviu nunca en Lugo, que non está censada en Lugo e que non ten vinculación algunha con Lugo", criticou Arroxo.

O político nacionalista tamén quixo recordar que "a oposición é moi importante" e "o feito de que a persoa que a vai a liderar estea totalmente desconectada da cidade" e "soamente vaia nunhas listas electorais para poder aspirar a ser presidenta da Deputación" é "moi negativo para Lugo", unha cidade que "ten que seguir avanzando moito" a través dun "proxecto de desenvolvemento claro de futuro".

"Isto non pode ser un trampolín, é unha falta de respecto para Lugo", lamentou Arroxo.

Comentarios