Arrestan a unha muller e á súa filla menor de idade por roubar a un sacerdote no Parque

No moedeiro levaba 100 euros

WhatsApp Image 2018-04-24 at 19.07.38 (1)
photo_camera WhatsApp Image 2018-04-24 at 19.07.38 (1)

Unha patrulla da Policía Local identificou este xoves a unha muller de 51 anos e á súa filla menor de idade como supostas autoras dun furto sufrido por un sacerdote. Ambas abordaron a un cura que paseaba polo Parque e, mentres a muller o entretiña, a súa filla, de 14 anos, subtraíalle a carteira do peto. O moedeiro contiña uns cen euros.

Por outra banda, o Penal 1 de Lugo suspendeu este xoves un xuízo contra tres mozos acusados de entrar nunha casa deshabitada e apoderarse de varios artigos, entre eles unha navera, unha vasixa de cobre, 16 tallas de madeira, unha lavadora, dous televisores e roupa.