Arquivan unha denuncia contra a presidenta do Colexio de Veterinarios de Lugo

Acusábaselle dunha suposta falsificación dunha acta
Ana María López Pombo. AEP
photo_camera Ana María López Pombo. AEP

O xulgado decretou o sobresemento e arquivo das denuncias presentadas polo secretario do Colexio Oficial de Veterinarios de Lugo, Juan Carlos Castro Lage, contra a presidenta da entidade, Ana María López Pombo, pola suposta falsificación dunha acta. 

A denuncia foi presentada en xaneiro do pasado ano contra a presidenta e outros membros da Xunta de Goberno. O Xulgado de instrución nº1 de Lugo ditou auto de sobresemento provisional un mes despois, aínda que deduciu testemuño ao Xulgado de Garda. 

Posteriormente, instruíronse dilixencias previas do Xulgado de Instrución nº3 de Lugo que, con data de 17 de xaneiro deste ano, arquivou a causa ao non atopar feitos constitutivos de delito nin da presunta falsificación, segundo informa a entidade nun comunicado. 

Comentarios