Urxencias pediátricas é o servizo con máis demanda pola patoloxía respiratoria

A área sanitaria presentou o plan de contigencia da gripe para unha onda que chegou antes pero con menos virulencia
Presentación del plan de contingencia contra la gripe. XESÚS PONTE
photo_camera Presentación del plan de contingencia contra la gripe. XESÚS PONTE

Urxencias pediátricas do Hula é o servizo, xunto coa PAC, que está a recibir un maior aumento da presión asistencial por mor da patoloxía respiratoria, segundo destacouse na presentación do plan de continxencia da gripe da área sanitaria de Lugo.

O servizo volveu vivir outro fin de semana de elevada demanda, cun venres e domingo no que se superaron os cen pacientes e un sábado de case 90. Ese incremento -80 sería unha cifra superior á habitual pero esperable nesta época do ano- non se traduce na hospitalización e, segundo admitiu a xefa de Pediatría do Hula, Pilar Rodríguez da Riva, nestes momentos hai tres nenos ingresados por patoloxía respiratoria. No caso do paciente infantil, non é a gripe ou o covid o que produce infeccións máis graves senón o virus respiratorio sincital.

O director asistencial da área, Rafael Monte, recoñeceu que, no caso dos adultos ocorre o mesmo. Este ano a gripe adiantouse pero non presenta gran virulencia, de forma que a pesar da elevada demanda en Urxencias, tanto hospitalarias como de Primaria, ou en centros de saúde os ingresos son escasos. Na última semana houbo 25 hospitalizacións por patoloxía respiratoria, dos que 5 eran pacientes con covid que, en realidade, foran ingresados por outras enfermidades. Só houbo unha paciente en Uci que, segundo Ana Ferreiro, xefa da unidade, tratouse dunha muller con enfermidade renal e outra patoloxía concomitante á marxe da respiratoria.

Comentarios