O Concello de Lugo reforza os buses ao cemiterio de cara ao 1 de novembro

Arroxo: "Para evitar masificacións pedimos á veciñanza que se achegue ao cemiterio nos días anteriores á propia festividade de Defuntos”
Rubén Arroxo, no novo bus. EP
photo_camera Rubén Arroxo, no novo bus. EP

O Tenente de Alcalde e responsábel da área de Mobilidade do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, anunciou o reforzo nas liñas de bus urbano que comunicarán o centro co cemiterio municipal durante os días previos ao 1 de novembro.

Rubén Arroxo lembrou que “na festividade de Defuntos o cemiterio municipal sempre recibe un gran número de visitas” e pediu á veciñanza que “debido á excepcionalidade da situación este ano é preferible achegarse ao cemiterio nos días previos ao 1 de novembro”.

As liñas especiais habilitaranse a partir do 24 de outubro para favorecer que a veciñanza poida achegarse ao cemiterio, adaptando o horario dos buses de reforzo ao horario de visitas do cemiterio. Así. Os días 24 e 31 de outubro, contarase con liñas de reforzo entre as 15:00 e as 19:00, o domingo 25 o reforzo comezará ás 11:00 e o día 1, ás 10:00, ambos días rematando ás 19:00.

O percorrido partirá cada hora en punto, cunha frecuencia de media hora desde a parada de Obras Públicas, continuando pola Ronda da Muralla, rúa Santiago, e Volta da Viña, chegando ao cemiterio tras pasar pola Estrada Vella de Santiago.

A volta partirá á hora e 15 minutos e á hora e 45 minutos desde o Cemiterio, continuando pola Estrada Vella de Santiago, rúa Santiago e Rolda da Muralla, rematando na parada de Obras Públicas.

Comentarios