sábado. 24.07.2021 |
El tiempo
sábado. 24.07.2021
El tiempo

A área de Cultura presenta un novo mural na Milagrosa

Maite Ferreiro: “trátase dunha fórmula de interacción global coa cidade e cos seus barrios, tanto a nivel urbanístico como social”

Mural presentado na rúa Mar Cantábrico.EP
Mural presentado na rúa Mar Cantábrico.EP

"Xa realizamos outras intervencións que contribúen a mellorar a estética da cidade e continuaremos en diferentes puntos", di Ferreiro

A área de Cultura, Turismo e Promoción da Lengua do Concello de Lugo continúa co festival de arte urbano Culturbán realizando intervencións artísticas nas rúas da cidade.

O artista encargado, nete caso, foi o artista multidisciplinar Sokram, que está a realizar un novo mural na medianeira do número 6 da rúa Mar Cantábrico, á altura do cruce coa rúa das fontes. Esta zona, foi humanizada nos últimos meses polas áreas dependentes da Tenencia de Alcaldía, habilitando unha nova beirarrúa, mellorando a pavimentación e habilitando espacio de aparcamento. 

O festival de arte Culturban é unha mostra de arte urbana que propón explorar a contorna a partir de intervencións artísticas que transformen a cidade. "O obxectivo destas intervencións é conseguir un Lugo vangardista, participativo e amable, ao mesmo tempo que damos a oportunidade aos artistas locais para que colaboren na decoración da cidade", explicou Maite Ferreiro.

O Artista grupo de artistas esta a ser coordinado por Iago Eireos, ao frente de Espazo Lupa Arte. Nesta ocasión, o artista escollido foi Sokram, que conta con ampla experiencia en proxectos de arte mural, destacando por ser o organizador e coordinador dos festivais de arte urbana DesOrdes Creativas en Ordes e o Rexenera Fest en Carballo, entre outros. Ademais, é coñecido pola súa traxectoria musical, formando parte dos grupos Sokram e Dios Ke Te Krew.

A área de Cultura presenta un novo mural na Milagrosa
comentarios