A área de Cultura do Concello de Lugo colabora cunha nova edición do FaCeLa Fest

No seu compromiso pola igualdade, o festival contará cun 50% de mulleres na súa programación
Maite Ferreiro posando co cartaz do festival. CEDIDA
photo_camera Maite Ferreiro posando co cartaz do festival. CEDIDA

A Concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, anunciou a colaboración do Concello de Lugo co FaCeLa Fest, festival de música independente que vai xa pola quinta edición.

A concelleira de Cultura explicou que “esta mostra xa consolidada no tempo achega ano a ano a Lugo o mellor da música independente”, e lembrou que “o ano pasado, debido á pandemia, o ciclo tivo que reinventarse cos Reencontros Musicais FaCeLa, colaborando para manter a actividade cultural de xeito seguro”.

Para este ano, o FaCeLa Fest contará con 10 concertos que terán lugar o 27 e o 28 de agosto no aparcadoiro do Auditorio Municipal Gustavo Freire. O evento contará con grupos locais, bandas emerxentes e formacións consagradas. Cada un dos días ao mediodía haberá un concerto gratuíto e de acceso libre para toda a veciñanza.

Chucho, Soleá Morente e Mujeres son os cabezas de cartaz desta edición do FaCeLa Fest, que estarán acompañados por Parquesvr, Menta, Pelazo, From Atomic, Infrarroja, Conducto Coloquio e Tulip. A concelleira de Cultura destacou “o compromiso do FaCeLa pola igualdade”, e afirmou que “este ano a metade dos grupos están liderados por mulleres”

Maite Ferreiro explicou que “desde o Concello de Lugo seguimos a para achegar a Lugo unha selección de actividades culturais de calidade ao mesmo tempo que apoiamos ás agrupacións locais”.

Comentarios