viernes. 22.11.2019 |
El tiempo
viernes. 22.11.2019
El tiempo

O Arde Lucus consolídase alleo aos vaivéns de visitantes

Última xornada de Arde Lucus. SEBAS SENANDE
Última xornada de Arde Lucus. SEBAS SENANDE

A festa amosa unha extraordinaria saúde e madurez a pesar de que este ano os momentos de abarrote foron máis puntuais

O Arde Lucus consumiu a súa décima oitava edición, na que constatou que chegou á súa maioría de idade en todos os sentidos. A pesar de que a sensación é que o número de visitantes e participantes non foi tan elevado como outros anos, a festa mostrou unha madurez que lle permite mirar ao futuro allea aos vaivéns que teña que afrontar en función das circunstancias. 

Unha desas circunstancias que puideron influír este ano é o festival O Son do Camiño celebrado esta mesma fin de semana en Santiago. É probable que os momentos de abarrote sexan menos habituais, pero non parece que o Arde Lucus se resentise.

A explicación hai que buscala seguramente no feito de que a festa descansa sobre unhas asociacións de recreación histórica que cada vez están máis implicadas, acumularon moita experiencia e esfórzanse máis para ofrecer o mellor de si mesmas aos lucenses e visitantes. Esta base social é o que marca a diferenza con outras festas similares, o que máis sorprende aos visitantes e a mellor garantía de futuro. O desfile dos colexios este domingo, con miles de nenos e pais achegando o seu gran ao Arde Lucus, é o mellor exemplo.

Le a información completa na edición impresa de El Progreso deste luns

O Arde Lucus consolídase alleo aos vaivéns de visitantes
Comentarios