O Arde Lucus chama o día 10 á porta co Natalis

As asociacións romanas de recreación cítanse para o acto co que comeza a conta atrás, no que haberá música e desfiles
La presentación del Natalis de Lucus Augusti. XESÚS PONTE
photo_camera La presentación del Natalis de Lucus Augusti. XESÚS PONTE

O Arde Lucus xa ten a súa primeira cita grande. Será o Natalis, que se celebra por terceiro ano e servirá para pór en orde de revista ás asociacións romanas de recreación histórica. Todas elas están chamadas a participar o vindeiro sábado, día 10, no acto co que comezará a conta atrás de dez días para que Lugo estree o seu recentemente adquirida condición de Festa de Interese Turístico Nacional.

Segundo recordou o luns na presentación Eduardo Fernández Abel, "o Natalis é o que os romanos facían para anunciar que unha festa importante estaba cerca. é a cartón de presentación do Arde Lucus". O encargado de anuncialo, de percorrer as rúas co seu séquito para informar os cidadáns, era o Iubilator, aínda que nesta ocasión non entrará na Praza de Santa dacabalo ou en cuádriga "pola dificultade de atopar cabalos", informou Fernández Abel.

O que si se recreará neste acto será a ofrenda, recordando aquela que se fixo aos deuses como paso previo construción de Lugo despois de que Octavio Augusto encargase a Paulo Favio Máximo a súa creación.

Ademais, desde este sábado instalarase en A Mosqueira un panel en que se reflectirá a conta atrás dos días que faltan para o Arde Lucus, do dez ao cero.

A pesar de que, por descontado, está invitadas o acto do sábado todas as asociacións e todos os cidadáns, serán as de ambientación romana as protagonistas. Ademais da na posta en escena, que comezará ás 20.30 horas, centenares deles tomarán parte nos desfiles. Están citadas para iso, e tomaron parte na organización, Ara Roma, Pretorianos, Cohors III Lucensium. Pax Roma, Senado, Kertix, Lucus Ëquites, Salesiani, Asemblearias e Icenas.

Entre peza e peza teatral, gran parte do protagonismo corresponderá tamén á música, coa interpretación do himno do Arde Lucus, o Calendis Arde Lucus que compuxo no seu día José María Núñez. Abordarano o Orfeón Xoan Montes e a Coral Ecos do Miño, Tamén está prevista a actuación do músico sarrián Abraham Mateo, que ofrecerá varias pezas acompañado dos seus instrumentos históricos.