As árbores crecen sobre o tellado da vella fábrica da luz

O edificio ten cristais rotos e está rodeado de maleza

Fábrica da luz. AEP
photo_camera Fábrica da luz. AEP

O estado de abandono da antiga fábrica da luz, que foi parcialmente restaurada hai anos con cartos públicos, volve a ser motivo de denuncia cidadá.

A falta de atención desta construción vese no feito de que nos canalóns nacen e crecen árbores. Ademais, o edificio ten cristais rotos e está rodeado de maleza.

A rehabilitación e explotación da antiga fábrica foi adxudicada hai anos á empresa Inca. A decisión foi polémica dende o inicio e os traballos levan dous anos interrompidos debido a que a Confederación Hidrográfica parou os traballos no río. Agora, Inca pide romper o contrato co Concello e unha indemnización. O asunto está no xulgado.

Comentarios