Aprobado a repartición dos 24 millóns do Plan Único aos municipios lucenses

As axudas irán destinadas a obras, creación de emprego ou o asentamento de poboación no rural
Pilar García Porto, portavoz socialista del Gobierno provincial. AEP
photo_camera A deputada socialista Pilar García Porto. AEP

A distribución de fondos dos 24 millóns de euros asignados ao Plan Único de axudas aos municipios da Deputación de Lugo quedou este martes aprobada por unanimidade no pleno ordinario da institución provincial correspondente ao mes de xullo.

Case un 64% dos recursos destinados ao Plan Único será investido polos concellos en 329 obras para mellorar servizos nos seus respectivos municipios, fundamentalmente no acondicionamento de estradas locais, accesos a núcleos de poboación e pavimentación de vías públicas.

Ademais, ese orzamento permitirá a creación de 300 postos de traballo en 59 municipios da provincia, a través dunha das liñas "máis importantes do plan", segundo informa o goberno bipartito, que é a destinada a facilitar o asentamento de poboación no medio rural e a conseguir que a xente que quede nos seus respectivos municipios.

Para combater os efectos da crise provocada polo coronavirus, os concellos acolléronse á nova liña do Plan Único que o goberno provincial decidiu abrir, dotada con 1,2 millóns de euros.

No pleno, a portavoz socialista, Pilar García Porto, explicou que este programa realiza a repartición de fondos "con criterios obxectivos" e "axuda aos pequenos municipios a realizar actuacións que, por si sos, non poderían facer".

Comentarios