Aprobada a nova RPT do Concello de Lugo, que conta con máis de 560 funcionarios

A administración local, que conta con máis de 560 funcionarios, chega a un acordo por unanimidade con todos os sindicatos
Lara Méndez y Rubén Arroxo, en la presentación de los presupuestos. EP
photo_camera Lara Méndez e Rubén Arroxo. EP

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a concelleira Paula Alvarellos anunciaron este venres a aprobación da nova relación de postos de traballo (RPT) do Concello, tras quedar obsoleta a vixente desde o ano 2006. 

Méndez destacou que a nova RPT vén "avalada" pola unanimidade de todos os sindicatos con presenza no Concello e será "un dos instrumentos principais" que permitirán "modernizar a súa administración, cunha ordenación racional dos seus efectivos de persoal en consonancia coas necesidades reais dos distintos servizos". 

A aprobación prodúcese dunha xunta extraordinaria do goberno bipartito da cidade de Lugo, que comparten socialistas e nacionalistas. Méndez apelou necesidade desta relación laboral, posto que e os traballadores do Concello  "están por baixo, desde o punto de vista salarial, doutras grandes cidades". 

"Procuramos unha mellora nas súas condicións laborais, fóra diso os funcionarios desta casa sempre primaron a súa función pública por encima dos seus intereses persoais", insistiu. En suma, son máis de 560 funcionarios cos que conta o Concello de Lugo, facéndose unha valoración "individual" de cada caso, nesta nova Relación de Postos de Traballo que tamén contempla a incorporación da administración electrónica.

Comentarios