Prohibido aparcar este mércores e xoves pola noite en parte de San Roque

O Concello aplicará un tratamento antiescorregadizo no pavimento da rúa Peña Anda para evitar esvaraduras

Centro de salud de San Roque. GOOGLE MAPS
photo_camera Centro de saúde de San Roque. GOOGLE MAPS

A aplicación durante as noites deste mércores e xoves dun tratamento antiescorregadizo nas beirarrúas da contorna do centro de saúde de San Roque limitará o aparcadoiro na zona. Así o informou o Concello nun comunicado no que aclara que o produto se botará no pavimento da rúa Peña Anda co obxectivo de incrementar a seguridade dos peóns, xa que goza dun alto nivel de adherencia que prevé as esvaraduras.

"É a primeira vez que se utiliza na cidade de Lugo", detalla o Consistorio no seu escrito, no que subliña que estes traballos responden a diversas peticións veciñais. 

Tras a aplicación do tratamento na zona do centro de saúde de San Roque, no que se invisten uns 6.000 euros, prohibirase aparcar na noite deste mércores na beirarrúa da dereita subindo, mentres que o xoves non se poderá estacionar na esquerda.  "Estes traballos complementan ás tarefas de mellora da accesibilidade na zona que acometeu o Concello no outono, onde investiu 35.000 euros en substitución de baldosas, colocación de varandas e pintado de novos pasos de peóns; o que respalda unha mellor mobilidade e seguridade á veciñanza de San Roque e ás 8.000 persoas usuarias do centro de saúde", conclúe o goberno local. 

Comentarios