A apertura do auditorio de Lugo, pendente da subministración eléctrica

A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, culpa ao Concello do atraso na inauguración
El nuevo auditorio de Magoi, donde están realizando los trabajos de equipamiento. AEP
photo_camera O novo auditorio de Magoi. AEP

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, pediulle ao Concello de Lugo máis axilidade á hora de tramitar “o enganche” da subministración eléctrica, porque asegurou que a apertura do novo auditorio da cidade, despois dun investimento que superou os 20 millóns de euros, está só pendente dese trámite.

“Estamos a esperar a que o Concello de Lugo nos chame para dicirnos que fixo os trámites para o enganche da subministración eléctrica”, dixo a conselleira antes de participar nunha reunión con alcaldes de Lugo para informalos sobre o programa de axudas para Áreas de Rehabilitación Integral.

Ángeles Vázquez asegurou que “o auditorio está totalmente terminado” e incluso se fixeron todas as "probas necesarias” no equipamento instalado pola empresa concesionaria.

En todo caso, recordou que esas probas se fixeron “cun xerador”. “Para entregar o auditorio, teñen que estar os enganches feitos. Notificóuselle en varias ocasións ao Concello de Lugo. Eu mesma fíxeno cunha carta formal e institucional o pasado 5 de xullo, polo que espero que o axilicen e o fagan canto antes”, dixo Vázquez.

Ao seu xuízo, “é unha pena que os lucenses non poidan gozar dese magnífico auditorio, no que investimos máis de 20 millóns de euros”. “Espero que no mes de setembro sexa unha realidade”, concluíu.

Comentarios