A Anpa de Anexa urxe o traslado de Maxisterio para dispor de ximnasio

Os alumnos deste colexio poden utilizar este curso as instalacións deportivas polas mañás e os da facultade polas tardes, pero o acordo só ten vixencia por nove meses
2019111511581331150
photo_camera O patio do IES Xoán Montes da capital lucense. SABELA FREIRE

Sen présa, pero sen pausa. A Asociación de Nais e Pais (Anpa) do colexio Anexa da capital lucense reclama que se retome o traslado á facultade de Humanidades da de Formación do Profesorado, coa que este centro de infantil e primaria comparte instalacións, pois considera que este proxecto se freou.

Esa demanda prodúcese porque a Anpa augura que o curso que vén, se Formación do Profesorado continúa na súa actual localización, os alumnos da Anexa quedarán sen ximnasio para as clases de Educación Física e outras actividades.

Colexio e facultade acordaron compartir este curso esas instalacións deportivas, pero ese acordo só ten unha vixencia de nove meses. Os alumnos da Anexa utilizan o ximnasio polas mañás, tanto para Educación Física como para o recreo cando chove, e os de Formación do Profesorado polas tardes.

A situación agravouse este curso porque, como se van a realizar obras no pavillón dos institutos, os alumnos do Lucus Augusti e do Nosa Señora dos Ollos Grandes están a compartir o polideportivo do Politécnico, que antes utilizaban os estudantes do antigo Magisteiro.

A presidenta da Anpa da Anexa, María Gallardo, explicaba que anticipan esta demanda con vistas xa para o próximo curso debido a que o colexio Anexa "ano tras ano vai quedando sen espazos" en favor de Formación do Profesorado.

Comentarios