Dous anos de prisión para unha muller á que lle pillaron 26 bolsas con heroína

A condenada confesouse autora dos feitos
Audiencia Provincial. AEP
photo_camera Audiencia Provincial. AEP

A Audiencia Provincial condenou este luns a unha muller a dous anos de prisión tras incautárselle vinte e seis bolsas con heroína, que levaba no bolso e nun chisqueiro. A acusada confesouse autora destes feitos e aceptou unha pena de dous anos de prisión, a metade do que pedía inicialmente a fiscal, que eran catro anos.

A muller dedicábase, en novembro de 2017, cando ocorreron os feitos, a vender droga. A Policía seguíalle os seus pasos desde dous meses antes ata que un día foi abordada por axentes, cando se atopaba nun parque, para facerlle un rexistro. Alí mesmo atopáronlle vinte e cinco envoltorios de plástico con 2,544 gramos de heroína, que levaba na parte inferior do forro da mochila, polos que podería obter un beneficio de 546 euros. Tamén se lle incautou, dentro dun chisqueiro, outra bolsa con 0,492 gramos de heroína, ademais de catro pastillas de metadona e tres de Rivotril.

Ademais da pena de cárcere, a muller tamén enfróntase a unha multa de 3.000 euros.

Comentarios