Tres anos para cobrar os danos por un sinistro nun parque de Paradai

O Concello recoñece unha indemnización por un accidente sufrido en xullo de 2017 por un menor debido a que sobresaían as antigas ancoraxes dunha papeleira que fora retirada
Zona en la que se accidentó el menor. EP
photo_camera Zona na que se accidentou o menor. EP

Un lucense tivo que esperar máis de tres anos a que o Concello da cidade recoñecese a responsabilidade por un accidente que sufriu o seu fillo, menor de idade, nun parque de Paradai por culpa duns parafusos que sobresaían do chan.

O sinistro produciuse o 27 de xullo de 2017, cando o neno tropezou coas ancoraxes dunha papeleira, que permanecían no chan, sobresaíndo, a pesar de que se retirou o resto da estrutura. O tropezón acabou levando unha lesión sería, porque máis aló de romper as zapatillas deportivas que vestía, o menor sufriu unha rotura no nocello, pola que tivo que recibir asistencia nun hospital da capital.

O pai avisou en primeiro lugar á Policía Local do ocorrido e despois, en novembro, formalizou unha reclamación ao Concello polo sinistro.

A pesar de que o accidente se produciu en 2017, a asunción de responsabilidade polo Concello acábase de producir, segundo denunciou este martes o portavoz municipal do PP, Ramón Carballo.

O Concello recoñece que se cumpriron todas as formalidades para recoñecer o dano, salvo os prazos para resolver

O accidente levará unha indemnización de 913 euros e o pago foi ordenado xa pola alcaldesa, que tamén estableceu que, tras recoñecer a responsabilidade municipal no accidente, o Concello deberá reclamar esa cantidade á compañía de seguros contratada para facer fronte a ese tipo de accidentes en espazos públicos.

O sinistro sufrido polo menor lucense produciuse en Paradai, nos xardíns Miguel González López e a familia do menor solicitou inicialmente o abono de 962,50 euros, xa que demandaba 840 euros polos danos persoais, acrecitados polos informes médicos e as facturas, así como 109 euros polas zapatillas e 13,50 euros pola tobillera.

O Concello rebaixou a indemnización recoñecida a 913 euros porque finalmente a factura polas novas zapatillas foi de 59,50 euros.

O Concello recoñece que se cumpriron todas as formalidades para recoñecer o dano, salvo os prazos para resolver, polo "cúmulo de asuntos existentes".