lunes. 27.09.2021 |
El tiempo
lunes. 27.09.2021
El tiempo

Outro ano de manxar a pé de pedal

para comer
Presentación da caseta na oficina de turismo da Xunta en Lugo. XESÚS Ponche
A asociación de hostaleiros de Lugo volverá colaborar coa Volta ciclista para levar a marca '... E para comer, Lugo' por todo o país, cunha caseta ao comezo de cada etapa 

A gran relación entre Volta ciclista a España e a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) volve saír a escena. A nova edición deste ano do evento deportivo volverá contar co apoio da marca '...E para comer, Lugo', no que será xa o seu undécimo ano de colaboración.

O acordo deste ano entre as dúas entidades consiste na colocación dun posto deste famoso slogan gastronómico, no que se ofertarán aperitivos elaborados con 20 produtos da terra lucense, que ademais contan con diferentes denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas (IGP), o que asegura a súa altísima calidade. Este posto instalarase na zona vip das 21 saídas de etapa, e será atendido por persoal da asociación.

Ademais deste labor de ofrecer produtos da gastronomía lucense, no posto tamén se fará promoción turística da provincia e difundiranse exemplares da última guía turísticogastronómica ‘...E para comer, Lugo'. Trátase dunha oportunidade de desquite, tras a edición do ano pasado, onde as condicións pandémicas non permitiron a participación desta caseta.

Na mañá do xoves, presentouse este acordo nun acto na oficina de turismo en Lugo da Xunta de Galicia, no que participaron a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, o delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, e o presidente da Apehl, Cheché Real.

Tanto este último como Nava interviñeron para agradecer a confianza mutua e aplaudir o compromiso de todos os representantes das IGPs alí presentes. "Somos unha asociación que conta con poucos recursos, polo que sen a axuda da Xunta esta iniciativa non sería posible", recoñecía o presidente dos hostaleiros.

Pola súa banda, a directora de Turismo quixo destacar a importancia de potenciar a gastronomía lucense, que é un dos principais reclamos para os turistas e "un referente para promover o talento gastronómico que temos en Galicia".

As tres últimas etapas da nova edición da volta terán lugar en Galicia, pasando Lugo, Sarria e Monforte. 

Outro ano de manxar a pé de pedal
comentarios