Animalistas piden a suspensión da caza en Lugo polo risco de incendios

Libera recorda que os "lumes provocados" por esta actividade supuxeron o 33,8% en 2017
Cazador, caza. J. VÁZQUEZ (AEP)
photo_camera Un cazador. J. VÁZQUEZ (AEP)

A Asociación Animalista Libera reclamoulle ao Concello de Lugo que lidere unha "mobilización política e institucional" para "estudar a suspensión de calquera batida de caza no municipio ante "os datos que demostran un elevado índice de risco diario de incendio forestal".

Os animalistas piden ao Concello que se mobilice para evitar a práctica cinexética no seu territorio "para evitar maiores riscos coas altas temperaturas", porque a probabilidade de que se produza un incendio forestal é "alta" ou incluso "extrema" nalgunhas zonas.

Recorda este colectivo que "os incendios provocados por prácticas tradicionais inadecuadas e pola caza supuxeron o 33,8% en 2017, segundo a Fiscalía Xeral do Estado".

Por iso, insiste en que o "goberno local" debe "presionar á Xunta para prohibir as batidas nos cotos de caza que rodean" a cidade. 
 

Comentarios