Un ancián pide axuda á Policía Local porque non podía levantar á súa muller do chan

A anciá explicoulles aos axentes que se atopaba ben e non se queixaba de ningunha dor

Un lucense de avanzada idade recorreu o domingo á Policía Local para pedir axuda, xa que a súa muller sufrira unha caída e non era capaz de levantala do chan.

O incidente rexistrouse ao redor das seis da mañá, cando o ancián chamou á Sala do 092 para pedir auxilio. Segundo explicou o home, a súa muller caeuse da cama e levaba un bo intre no chan, xa que el intentara levantala con todos os medios ao seu alcance, pero non o conseguía. Os axentes acudiron de inmediato ao domicilio que lles indicou o ancián —situado na Rúa Pena do Rei— e atoparon á muller, de 89 anos de idade, tirada no chan do dormitorio.

A anciá explicoulles que se atopaba ben e non se queixaba de ningunha dor, polo que os policías levantárona e deitárona de novo na cama. "A primeira ollada non se produciu ningún dano e o matrimonio rexeitou a presenza do persoal sanitario, polo que a octoxenaria", explicou a Policía Local, "quedou baixo o coidado do seu marido".

Comentarios