Ameijide: "Tomé intenta tapar outro Garañón provocado por Besteiro en Paradai"

O PP reitera que a venda de chan na contorna do parque por parte da Deputación foi pública e contou co aval do PSOE e recalca que ese terreo edificable por un PXOM que impulsou Besteiro como concelleiro de Urbanismo
ameijide
photo_camera El portavoz del PP en la Diputación, junto a otros diputados, este jueves. XESÚS PONTE

O portavoz do PP na Deputación, Antonio Ameijide, insistiu este xoves en que a venda do chan de Paradai que impulsou o goberno popular Francisco Cacharro no seu último mandato fíxose por concurso público e contou co aval dos socialistas que entón formaban parte da Deputación.

Por iso, cre que a denuncia do suposto "pelotazo" que agora fai o actual presidente da Deputación, José Tomé, obedece a tentar " tapar ou Garañón III que se cerne sobre Lugo provocado por José Ramón Gómez Besteiro [agora líder do PSDEG] que como concelleiro de Urbanismo impulsou un PXOM que dá edificabilidade a eses terreos", afirmou Ameijide.

O PP cre que con esta denuncia búscase, ademais, ocultar a falta de xestión dos gobernos socialistas da Deputación, xa que en 17 anos non lograron aprobar o plan urbanístico para desenvolver esta zona. Por iso, agora os populares ven risco de ter que devolver diñeiro a 

e incluso de indemnización polo lucro cesante. Ameijide recordou que xa o Concello de Lugo tivo que indemnizar con 2,5 millóns de euros a unha empresa polo errado proxecto da fábrica da luz, impulsado polo goberno socialista de José López Orozco, do que tamén formou parte Besteiro, recordou.

Ameijide insistiu tamén de novo este venres en que Tomé non pode alegar descoñecemento desa operación de compravenda de chan, porque nela non só participaron anteriores membros socialistas da Deputación senón porque nos documentos de disolución de Suplusa, a sociedade urbanística provincial, que el mesmo impulsou, figura esa información e a débeda que o comprador das parcelas ten coa Deputación.

Ademais, o deputado popular afirma que Tomé tivo reunións coa anterior alcaldesa da cidade, Lara Méndez, para intentar aprobar o plan parcial deste sector de chan.

Por todo iso, Ameijide pide ao presidente da Deputación que pida desculpas ao PP, a nbsp;os&lucenses e incluso aos seus compañeiros de partido e que reflexione sobre o seu futuro "se non é capaz de estar á altura do cargo".

Comentarios