lunes. 19.10.2020 |
El tiempo
lunes. 19.10.2020
El tiempo

Os alumnos de Nutrición recibirán as clases a distancia

Labores de acondicionamento de Ciencias ás normas anticovid. SEBAS SENANDE
Labores de acondicionamento de Ciencias ás normas anticovid. SEBAS SENANDE
A facultade de Ciencias alega que non hai espazos para albergar aos estudantes e cumprir á vez as normas de seguridade

Os alumnos do grao de Nutrición que se incorporan este ano á facultade de Ciencias recibirán formación a distancia por falta de espazo no centro.

O decano, Francisco Fraga, confirmou este xoves que, excepto para o acto de presentación dos alumnos de primeiro, non haberá formación presencial para estes mentres se manteñan as limitacións polo coronavirus.

A situación xerou malestar en alumnos, pero Fraga manifestou que hai materias con máis de 100 estudantes e é fisicamente imposible acomodalos en ningunha dependencia da facultade, nin sequera no salón de actos. Este ten 270 prazas, "pero coas normas sobre distancia que marcou a universidade agora só pódese acomodar alí a 55 estudantes, de modo que non serve como solución para os alumnos de Nutrición", dixo.

A facultade buscou localizacións alternativas noutros centros universitarios de Lugo, pero todos teñen tamén problemas de espazo e non houbo opción, detallou Francisco Fraga, xa que outros graos tamén terán que ofrecer clases online.

Os problemas de espazo acumúlanse este ano no centro, que ten de facto oito aulas menos debido a que hai varios aularios en obras para adaptalos á nova titulación de Bioquímica, que arrinca este curso e que ocupou todas as súas prazas.

En Nutrición houbo este ano 66 matrículas novas, pero nalgunhas materias chegarase aos 100 alumnos, explicou Fraga, que dixo que tampouco é posible desdobrar as clases e que parte do alumnado as siga por videoconferencia porque non chegaron as cámaras que comprou o centro para poder levar a cabo isto.

O centro está ao límite da súa capacidade e ata o novo grao aberto, que tiña dez prazas, sumou once matrículas.

Os alumnos de Nutrición recibirán as clases a distancia
comentarios