A reforma da rúa Bal y Gay comezará nas próximas semanas

As obras saíron a licitación cun orzamento máximo de 207.107,22 euros

Penas y Arroxo, este lunes en la calle Bal y Gay. EP
photo_camera Alexandre Penas, Rubén Arroxo y Anxo Lamelo en la calle Bal y Gay. EP

O concelleiro de Infraestruturas Urbanas de Lugo, Alexandre Penas, e o tenente alcalde, Rubén Arroxo, visitaron este luns a rúa Bal y Gay, onde anunciou que nas próximas semanas comezará a obra de reurbanización da mesma. "Trátase dunha rúa que conta cunha pavimentación de formigón moi desgastada, e con beirarrúas insuficientes, que non permiten garantir a accesibilidade", explicou Alexandre Penas, que defendeu que "con esta actuación avanzaremos na mellora dos espazos públicos de Lugo, gañando zonas para o desfrute das persoas e mellorando a accesibilidade".

Os traballos a executar por parte da concellaría de Infraestruturas consisten na renovación da pavimentación da rúa, instalando un novo pavimento baseado en mestura bituminosa en quente, e garantindo tanto o espazo peonil como o espazo de estacionamento. A nova distribución da rúa contará cun carril de circulación, outro de estacionamento e unha beirarrúa ampla. Para garantir a seguridade das zonas peonil, separaranse da calzada habilitando unha nova franxa axardinada.

Xunto coas intervencións no espazo peonil e na calzada, renovarase tamén a canalización de iluminación e a rede de iluminación da zona, instalando novas luminarias LED, avanzando na renovación da rede de iluminación pública da cidade con perspectiva de xénero e reducindo o consumo total da rede. A actuación foi adxudicada a Ovisa, tivo un orzamento de licitación de 207.107,22 euros e un prazo de execución de 5 meses. 

Comentarios