Alertan dun niño de velutina xunto á fábrica da luz e de abellas en Conturiz

A avispa asiática segue provocando alarma na capital lucense

Nido de velutinas junto a la fábrica de la luz. EP
photo_camera Niño de velutinas xunto á fábrica da luz. EP

Os niños de velutina seguen provocando alarma na capital lucense, a pesar de que a chegada do frío e a choiva reduciu a proliferación deste insecto.

De feito, o grupo municipal de Ciudadanos pide que sexa retirado un niño de avispa asiática existente na contorna da fábrica da luz, en concreto nun das árbores da Avenida dos Deportes.

O concelleiro de Cs Jesús Expósito explicou que deu aviso o mércores ao teléfono 012, coordinador de Galicia das actuacións contra as velutinas, para que fose retirado, pero que este xoves foi a comprobar se fora retirado e viu que continúa alí. O edil indicou que o avispeiro está roto e fáltalle unha parte, aínda que continúa colgado na árbore.

ABELLAS EN CONTURIZ. Por outra banda, os veciños de Conturiz están alarmados pola presenza de abellas na contorna das casas. Piden á Policía Local que investigue se proceden dalgunha colmea non autorizada e aseguran que hai persoas alérxicas ás picaduras que temen que os insectos entren nas súas vivendas.

Comentarios