viernes. 10.07.2020 |
El tiempo
viernes. 10.07.2020
El tiempo

Alertan de que actúan en Lugo falsos revisores de extintores

Etiquetas de revisión dun extintor. EP
Etiquetas de revisión dun extintor. EP
A unha empresaria cobroulle 40 euros unha persoa sen identificar que se fixo pasar por empregado dunha compañía autorizada

Polo menos unha persoa está a facerse pasar por técnico dunha empresa de extintores de Lugo e cobra 40 euros por facer unha revisión que non é tal. Nin revisa realmente os equipos de extinción nin dispón da documentación requirida para acreditar que se fixo a inspección.

A voz de alarma deuna un responsable e Extintores Iglesias, despois de que unha clienta chamase á firma para reclamar a factura dunha revisión que lle fixo unha persoa que se fixo pasar por empregado.

"É unha fraude", advertiu a empresa, que recalcou que os seus empregados van identificados cun anagrama na roupa de traballo e mediante documentos como os boletíns de traballo. Así, chamaron a non fiarse de ninguén que non vaia correctamente identificado e poida dar un albarán que constate os aspectos da inspección e o prezo pago.

Non é a primeira vez que se dan casos de piratería, explicaron na empresa. Contaron que no caso que fixo saltar as alarmas, o falso técnico presentouse dicindo que ía facer a revisión, aínda que quedaban meses de prazo para que se tivese que facer a inspección, e tras cobrar 40 euros dixo que nuns días enviaría a factura. O recibo nunca chegou e iso permitiu descubrir a estafa.

Alertan de que actúan en Lugo falsos revisores de extintores
comentarios