A alerta por un posible escape de gas mobiliza a Bombeiros e Policía en Lugo

Dúas dotacións de bombeiros interviñeron este venres pola noite en Lugo debido a unha alarma por un posible escape de gas. A alerta localizouse no inmoble número 117 da Ronda da Muralla, á altura do cruzamento con Camiño Real.

Tamén foron mobilizados axentes das policías Local e Nacional. A intervención nesta zona céntrica da capital lucense causou grande expectación, pero afortunadamente non houbo ningún incidente.