A alcaldesa de Lugo anima a participar na protesta de traballadores de Alcoa na cidade 

Ademais, recordou que se trata dun "sector imprescindible" no noso país
Trabajadores de Alcoa en huelga. SEBAS SENANDE
photo_camera Traballadores de Alcoa en folga. SEBAS SENANDE

A alcaldesa de Lugo, a socialista Lara Méndez, animou aos lucenses, aínda que sexa a través das redes sociais, a participar na protesta dos traballadores de Alcoa programada para o sábado na cidade. 

A rexedora asegurou que "se" pode acudirá, e recordou que "na Mariña" xa ten "acompañado aos manifestantes e tamén cando se concentraron ante a Subdelegación do Goberno hai uns meses". "E, polo tanto vou seguir mostrando o noso apoio", dixo, ás reivindicacións do comité de empresa. 

Méndez apela a que se trata dun "sector imprescindible no noso país" e abundou en ofrecer o seu respaldo de novo "a todos os traballadores que directa ou indirectamente" dependen da factoría de San Cibrao (Cervo). 

Así mesmo, Lara Méndez aproveitou para acusar á multinacional americana de "abuso de poder", para chamar a que "todo o mundo que participe (na protesta), dentro das pautas recomendadas" contra a Covid-19. 

A rexedora incidiu na necesidade de ser "cautos", ante esta manifestación, porque "o primeiro é a saúde, pero hai que mostrar o apoio incondicional aos traballadores" tanto presencialmente, aínda que tamén "a través das redes". "As redes tamén son unha forma de manifestarse importante e de mobilizarse. Animar a todo o mundo a que dunha forma ou outra apoien aos traballadores de Alcoa", concluíu. 

Comentarios