Afronta cárcere por partirlle o cranio e o nariz a un mozo

O xuízo por este altercado íase celebrar este mércores en Lugo, pero foi aprazado porque non se presentou unha testemuña

Un home, con iniciais R.R.M., afronta unha condena de tres anos e medio de prisión por darlle unha malleira a outro e partirlle o cranio e o nariz a golpes. O xuízo por este altercado íase a celebrar este mércores no Penal número 1 de Lugo, pero foi aprazado porque non se presentou unha testemuña e as partes solicitaron a suspensión ao considerar "fundamental" o seu testemuño.

O fiscal explica que o 19 de xuño de 2017, pouco logo das doce da noite, o home comezou a meterse cos clientes dun bar e empuxou a un ao chan, polo que un amigo deste último, J.L.L., deulle un cabezazo.

O acusado saíu do establecemento, pero foi a buscar unha barra de ferro e esperou ao seu agresor ás portas do bar. Cando o mozo saíu, o home propinoulle numerosas patadas na cabeza e golpeouno unha e outra vez coa barra. A vítima sufriu unha fractura de base do cranio, outra dos ósos propios do nariz e múltiples contusións, polo que recibiu asistencia no Hula e no Chuac. O fiscal pide tres anos e medio de cárcere para R.R.M. e 120 euros de multa para J.L.L.

Comentarios