Tres anos e medio de cárcere por vender cocaína nun bar e ofrecerlle a un policía

O detido foi acusado dun delito contra a saúde pública, polo que a Fiscalía solicitou pena de prisión e unha sanción de 90 euros
Un coche de la Policía Nacional. AEP
photo_camera Un coche da Policía Nacional. AEP

Un lucense afronta unha condena de tres anos e medio de prisión por vender cocaína nun bar da capital e ofrecerlle droga a un policía. O xuízo por este caso íase a celebrar onte na Audiencia Provincial de Lugo, pero foi aprazado.

O ministerio fiscal recolle no seu escrito de acusación que, sobre a unha da madrugada do 17 de marzo de 2019, o acusado atopábase no interior dun bar da capital e vendeulle a un mozo unha papelina que contiña 0,841 gramos de cocaína, cuxo valor no mercado é 43,51 euros.

Acto seguido, un axente da Policía Nacional vestido de paisano entrou no establecemento e o acusado ofreceulle cocaína. Os dous homes saíron ao exterior do bar "para efectuar o intercambio" e o traficante foi arrestado nese momento. Os axentes interviñéronlle una papelina que contiña 0,009 gramos de cocaína, cuxo valor no mercado é de 0,42 euros.

O detido foi acusado dun delito contra a saúde pública, polo que a Fiscalía solicita tres anos e medio de cárcere e 90 euros de multa.

Comentarios