Afronta un ano de cárcere por vender un coche que tiña orde de embargo

O comprador pagoulle ao acusado 1.500 euros, que agora a Fiscalía solicita que lle sexan devoltos
Un Ford Mondeo. PIXABAY
photo_camera Un Ford Mondeo. PIXABAY

O ministerio fiscal solicita unha condena dun ano de prisión para un lucense, con iniciais E.L.B., acusado de vender un turismo e ocultarlle ao comprador que figuraba como embargado.

Segundo reza o escrito de acusación da Fiscalía, en decembro de 2015, o acusado era administrador único dunha empresa de automoción e vendeulle a un home un vehículo Ford Mondeo, ocultándolle que existía un embargo sobre o turismo. O comprador pagoulle ao acusado a cantidade de 1.500 euros.

Finalmente, o afectado denunciou os feitos e o vendedor foi acusado dun delito de estafa, polo que afronta un ano de cárcere. A acusación pública pide tamén que indemnice ao comprador na cantidade de 1.500 euros, xa que o home quedou sen o diñeiro e sen o vehículo. A vista oral por estes feitos celebrouse este xoves no Penal número 2 de Lugo.

Comentarios