Os afectados polo proceso de selección de persoal das residencias acudirán aos tribunais

Persoal das residencias, fronte a Suplusa. XESÚS PONTE

A plataforma aclara que ata agora intentou solucionar "este problema pola vía política", pero entende que chegou o momento de "dar un paso adiante"

A plataforma que agrupa os afectados polo proceso selectivo para cubrir o persoal de persoal das residencias da terceira idade da Deputación de Lugo, que suma a máis de medio centenar de persoas, anunciou a súa intención de recorrer aos tribunais para defender os seus "dereitos", tres anos e medio logo de pasar as probas para acceder a un posto de traballo.

Nun comunicado, a plataforma aclara que ata agora intentou solucionar "este problema pola vía política", pero visto que o goberno provincial "despreza absolutamente" ás persoas que participaron nun proceso selectivo convocado pola propia institución, entende que chegou o momento de dar un paso adiante". Ao seu xuízo, chegou o momento de actuar "xuridicamente contra o que é un atropelo aos dereitos dunhas persoas que o único que fixeron foi presentarse a un proceso selectivo, e coas que a Deputación leva xogando tres anos e medio" en base ás "súas esperanzas de atopar un emprego digno e estable".

Aclara que o primeiro paso será presentar recurso pola vía contencioso-administrativa, pero tamén que se no proceso obsérvase "outro tipo de responsabilidades" por parte dos cargos políticos da Deputación non dubidará en actuar "para que carguen coas consecuencias das súas actuacións".