Adxudicadas as obras de peonalización de Rafael de Vega, que durarán seis meses

O proxecto para quitar o tráfico rodado do tramo onde se atopan os establecementos de hostalería ascende a 221.427 euros
Rafael de Vega (1)
photo_camera Arroxo, Penas e Lamelo na Rúa Rafael de Vega. EP

A xunta de goberno local adxudicou este mércores as obras de peonalización da Rúa Rafael de Vega. O Concello de Lugo concedeulle os traballos a Construcciones Sanle, que presentou unha oferta por 221.427 euros e un prazo de execución de seis meses. Este proxecto, promovido pola área de mobilidade e infraestruturas, foi consultado aos veciños a través dunha votación.

O tenente de alcalde e responsable da área de mobilidade e infraestruturas, Rubén Arroxo, explicou que se trata "dunha zona con moita poboación pero que non conta con zonas verdes nin peonís amplas".

Rubén Arroxo destacou que "con esta humanización conseguiremos un espazo de lecer necesario para a veciñanza ao mesmo tempo que se continuará a traballar na redución de tráfico rodado en toda a cidade".

A peonalización levarase a cabo no tramo onde se atopan os establecementos de hostalería. No outro manterase o tráfico rodado.

Comentarios