Adxudicadas as obras de mellora das beirarrúas en República Arxentina

Rubén Arroxo en República Arxentina. EP
photo_camera Rubén Arroxo en República Arxentina. EP

O Concello de Lugo aprobou este mércores a contratación da intervención que permitirá ampliar as beirarrúas da Ronda da República Arxentina. En concreto, a área de mobilidade, dirixida por Rubén Arroxo, actuará no tramo desta vía que discorre entre a Rúa Pintor Corredoira e a Rúa Santiago. 

A actuación inclúe a renovación do pavimento actual con baldosas de formigón, para aumentar o ancho das beirarrúas. Ademais, renovarase a rede de sumidoiros

A xunta de goberno deste mércores aprobou a adxudicación desta intervención á empresa Construcións Eduardo Miguelez SL, cun orzamento de 62.974 euros e un prazo de execución dun mes.

Comentarios