
Catro patrullas da Policía Nacional presentáronse na zona
Unha adolescente sufriu este luns pola tarde unha malleira a mans dun grupo de mozas na Quinta de Pérez, en torno ao barrio lucense de Paradai. A menor, segundo varias testemuñas presenciais, sufriu golpes, patadas e tiróns de pelo e acabou tendida no chan.
Catro patrullas da Policía Nacional acudíronse na zona na que se produciu o altercado alertadas polos veciños e axudaron á vítima, da qua o luns á noite non había constancia de que fose atendida no hospital Lucus Augusti. A pelexa provocou unha gran expectación na zona debido aos berros e a violencia que mostraban as implicadas.