Chega tarde á casa, raia o coche ao pai, dálle unhas patadas e despois denúnciao

Os corpos locais da Policía de Lugo acudiron á chamada do menor sobre as 3.00 horas da madrugada

Un adolescente de 16 anos chamou á Policía Local de Lugo durante a madrugada deste xoves para denunciar a discusión que estaba a ter cos seus pais despois de terlles raiado o coche nunha vivenda de Campos Novos.

Os corpos locais da Policía acudiron á chamada do menor sobre as 3.00 horas da madrugada deste xoves, 12 de xullo, e constataron que os feitos se orixinaron tras unha rifa que mantivo cos seus pais por chegar tarde á casa.

Por mor da mesma, o menor saíu ao exterior da vivenda e raiou o lateral do coche do seu proxenitor cunha chave, acción que o mozo comunicou ao seu pai antes de propinarlle unhas patadas e volver abandonar a casa.

Tras o ocorrido, a Policía chamou a unha ambulancia do 061 ao constatar que o menor estaba a ser tratado por un psicólogo e foi trasladado ao hospital de Lugo (Hula), no que recibiu a alta máis tarde.