As administracións e a Igrexa fan visible en Lugo a súa unidade xacobea

O conselleiro de Cultura anuncia un plan de divulgación dos camiños a Santiago. Anuncia que as obras do ascensor da muralla reiniciaranse este verán

A Xunta, a Deputación, o Concello e o Bispado de Lugo fixeron visible na mañá deste mércores a colaboración que prometeron manter para conservar e promocionar os camiños Primitivo e Norte e as catedrais de Lugo e Mondoñedo tras a recente declaración da Unesco.

O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, anunciou un plan de divulgación dos camiños e a continuación das obras do ascensor da muralla a finais de mes ou principios de agosto. Apuntou que, desta forma, o elevador poderá estar operativo a finais de ano.

A responsable da área de Cultura da Xunta tamén visitou a obra de Pórtaa Miñá, que obriga a pechar este paso ata o xoves.

comentarios