Adega loitará contra o urbanismo "depredador" do Ceao e do barrio multiecológico

O colectivo tamén ten intención de seguir co seu programa de rutas, e de continuar coa defensa das masas de auga e bosques de ribeira asociados a Lugo
Erte en O Ceao.SEBAS SENANDE
photo_camera Imaxe de arquivo do Ceao.SEBAS SENANDE

A asociación ecoloxista Adega fixo públicas as súas próximas liñas de traballo, entre as que inclúe a loita contra o desenvolvemento urbanístico depredador, que atopa no barrio multiecológico, ampliación do Ceao, As Saamasas e Rolda Este, .

O colectivo tamén ten intención de seguir co seu programa de rutas, e de continuar coa defensa das masas de auga e bosques de ribeira asociados a Lugo. Ademais, proporá a celebración dun Congreso Internacional da auga e loitará contra as agresións na xestión do lixo. Outra das tarefas que se expón a asociación de face á súa nova tempada de actividades é a protección dos elementos patrimoniais tanto culturais como naturais.

Ademais, o colectivo lucense participará nos grupos de traballo de Adega en Galicia contra a plantación de eucaliptos e a onda eólica. Tamén ten intención de promover a participación cidadá, a xustiza ecolóxica, e a restauración. Adega recorda a declaración da Onu, que declara a década entre este ano e 2030 a da restauración dos ecosistemas, o ecofeminismo e o decrecimiento. Finalmente, a asociación exponse manter a colaboración con outros colectivos para favorecer as sinerxías.

Adega tamén repasou, na súa recente asemblea, as actividades realizadas, como as rutas mensuais a distintos puntos de Galicia, que leva facendo desde fai 23 anos. Algúns dos previstos non puideron celebrarse este ano pola pandemia, pero si a maioría con éxito de asistencia.

Os debates, as inspeccións de ríos, a limpeza de ríos ou o ciclo de mesas redondas titulado Que cidade queremos son algunhas outras actividades do programa que espertaron interese de moitos no último ano. Exposicións e xornadas foron outras das actividades desenvolvidas.

Comentarios