sábado. 21.05.2022 |
El tiempo
sábado. 21.05.2022
El tiempo

A acumulación de lixo xunto á catedral levou ao PP a pedir que se mellore xa o servizo

Generated by  IJG JPEG Library
Lixo xunto á catedral de Lugo. EP
O goberno di que cada día se empeza a limpar ás sete da mañá, pero que nestas xornadas hai que ocuparse tamén de botar sal nas rúas polos problemas que causa o frío

Os lucenses que ían traballar este mércores á primeira hora tiñan que sortear lixo acumulado xunto á catedral e os restos seguían alí ás nove da mañá. A situación levou ao PP a reclamar que se mellore xa o servizo.

"Póñanse a traballar xa", dixeron desde as filas populares ao goberno local, á vez que insistiron en dicir que non é tolerable que o lixo se amontoen nun lugar no que conflúen tres bens que son Patrimonio da Humanidade.

O goberno local replicou sinalando que o operativo de limpeza arrinca ás sete da mañá cada día, pero que estas últimas xornadas tívose que dar prioridade a actuar contra o xeo, o que supón botar sal nas rúas onde pode haber problemas.

A pesar do traballo engadido que supoñen as xornadas de frío que vive Lugo, os servizos de limpeza non só acondicionaron a cidade, senón que tamén interviñeron no xardín de San Roque e na campaña intensiva de limpeza do barrio da Cheda, apuntou o goberno.

A acumulación de lixo xunto á catedral levou ao PP a pedir que se...
comentarios