O Concello actualiza a rede de alumeado público municipal na Ronda das Fontiñas

Renovaranse 69 farolas de vapor de sodio que se substituirán por luminarias LED, aforrando máis de 55.000 kWh de consumo enerxético
Penas e Arroxo en Fontiñas. EP
photo_camera Penas e Arroxo en Fontiñas. EP

O tenente de alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, anunciou este sábado que vén de comezar unha nova actuación de actualización na rede de alumeado público municipal na Ronda das Fontiñas. "Desde a Concellería de Infraestruturas continuamos a avanzar na reducción do gasto público ao tempo que a veciñanza de Lugo pode desfrutar dun alumeado eficiente", explicou nun comunicado.

En total, renovaranse 69 luminarias que na actualidade empregan elementos contaminantes como vapor de sodio e que pasarán a ser luminarias LED de baixo consumo e alta eficiencia. "Trátase de luminarias programables, que permitirán aumentar o aforro enerxético nas horas sen tránsito peonil nin de vehículos", aclarou.

O consumo enerxético anual do Concello de Lugo verase reducido en 55.483 kWh.

Aconcellería de Infraestruturas investiu, nos últimos anos, máis de 3 millóns de euros na renovación do alumeado público, instalando luminarias de baixo consumo e aplicando a perspectiva de xénero.

Comentarios