Acoden a sufocar un incendio en Lugo e atópanse con que están a curar chourizos

Ocorreu no barrio da Cheda

Camión de bomberos. ARCHIVO
photo_camera Camión de bombeiros. ARQUIVO

Vecinos do barrio da Cheda alertaron este martes, a media tarde, aos bombeiros porque saía fume dunha casa abandonada. Unha dotación do servizo municipal de extinción dos incendios dirixiuse ao inmoble, pero cando chegou non foi precisa a súa intervención.

O motivo do que en principio parecía un ameazante fume era que os donos estaban a utilizar a casa para curar os chourizos que elaboraron na matanza.
 

Comentarios