Achan no parque do Teide os cadáveres dunha lucense e o seu marido

Ambos vivían en Huelva e sospéitase que sufriron algún tipo de accidente cando se atopaban de excursión na zona
Parque Nacional del Teide. EUROPA PRESS
photo_camera Parque Nacional do Teide. EUROPA PRESS

Unha muller de 59 anos de idade, natural de Lugo, e o seu marido de 69, de Huelva, cidade na que ambos residían, foron achados mortos o pasado venres no Parque Nacional do Teide, concretamente na zona de Pico Viejo, e sen signos externos de violencia.

Os corpos foron achados por excursionistas da zona que deron aviso ao 112 quen, á súa vez, activou un servizo de rescate coa Garda Civil, Bombeiros de Tenerife e o helicóptero do GES.

Á espera da autopsia de ambos os corpos, a hipótese que se baralla é que ambos estivesen a practicar sendeirismo e a morte sexa accidental, unha circunstancia que está a investigar a Garda Civil da illa de Tenerife.