As beirarrúas da Cheda xa locen a súa renovación

Alexandre Penas, Rubén Arroxo e Cristina López visitaron a zona
Penas, Arroxo y López, en A Cheda. EP
photo_camera Penas, Arroxo y López, en A Cheda. EP

O Concello Lugo completou nestes días a renovación das beirarrúas do barrio da Cheda. O concelleiro de Infraestruturas, Alexandre Penas, explicou que "continuamos atendendo aos distintos barrios da cidade, neste caso cunha actuación que non supón un elevado custo económico e que mellora a calidade de vida dos veciños".

Penas visitou a zona xunto á concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, e o tenente de alcalde, Rubén Arroxo. 

"Continuamos traballando na mellora dos barrios da cidade e das zonas periurbanas, mellorando a calidade de vida dos veciños que a diario utilizan estas rúas", resolveu Penas. 

Comentarios