O acceso á Rúa Armanyá varía a partir deste martes

Farase por diante da praza de abastos de Lugo
Vehículos de carga y descarga de mercancías en Armanyá, uno de los puntos más saturados. XESÚS PONTE
photo_camera Vehículos de carga e descarga en Armanyá. XESÚS PONTE

As obras no centro de Lugo seguen provocando cambios no tráfico. O Concello anunciou que, ante a necesidade de executar as canalizacións entre a Rúa Armanyá e a Praza de Santo, traballos enmarcados na obra Corazón verde entre murallas, será preciso cortar o acceso e saída da rúa Armanyá á praza —á altura da entrada de Massimo Dutti— a partir do martes pola mañá.

Para iso, mentres duren os labores, os vehículos que accedan e saian desde a contorna da Praza e Armanyá deberán facelo pola rúa Luís Pena Novo, por diante da praza de abastos e xunto á saída do parque de Santo Domingo, para o que se habilitará dobre sentido de circulación.

A empresa encargada das obras instalará sinalización na zona, garantindo as condicións de seguridade para traballadores e usuarios xa que o tránsito peonil si estará permitido.

O Concello sinala que lamenta as molestias que estes traballos poidan ocasionar e pide comprensión á veciñanza. A circulación e os accesos ao centro víronse condicionados polas distintas fases da obra e a maior complexidade foi levar os coches de novo a vías peonís.