Absoltos en Lugo catro detidos dun macrocaso sobre drogas por un defecto formal

O fiscal só mantén a acusación contra un dos cinco arrestados despois de que a Audiencia anulase as escoitas da operación Enola Gay
Los cinco acusados, en la vista oral de diciembre
photo_camera Los cinco acusados, en la vista oral de diciembre

Era previsible e ocorreu. O ministerio fiscal retirou este martes a acusación contra catro detidos na operación antidroga Enola Gay, despois de que a Audiencia Provincial de Lugo anulase o pasado mes de decembro as escoitas telefónicas relacionadas co caso. Sen elas, as probas esfumáronse e á Fiscalía non lle quedou outra opción que facilitar a absolución dos imputados, salvo dun, xa que mantivo a acusación contra el ao considerar que existen probas na súa contra anteriores á primeira intervención telefónica.

Chegados a este punto, Napoleón .E.M., alias Napo (que este martes non se presentou ao xuízo)  será o único imputado que terá que responder ante a Xustiza polo caso Enola Gay, un dos maiores golpes ao narcotráfico na capital lucense, que se pechou en 2005 cun total de 22 arrestos.

Houbo que esperar dez anos para que o caso chegase a xuízo e, finalmente, só cinco imputados sentaron no banco dos acusados o pasado 4 de decembro. Pero o asunto aínda non chegara ao seu fin, xa que os avogados defensores solicitaron a nulidade do procedemento ao entender que se vulnerou o dereito fundamental do segredo das comunicacións, xa que habería un defecto formal no auto que acordou escóitalas telefónicas aos presuntos narcotraficantes.

Comentarios