Abandono e perigo na ruta do río Mera

A maioría das pasarelas están rotas, a maleza invade o camiño e o lixo acumúlase
Pasarela de la ruta del Mera. SEBAS SENANDE
photo_camera Pasarela da ruta do Mera. SEBAS SENANDE

Pasarelas abandonadas, varandas rotas, zonas cortadas ou tramos totalmente invadidos pola maleza son algúns dos obstáculos aos que se teñen que enfrontar cada día os centos de lucenses que intentan pasear ou facer deporte pola ruta do río Mera, tamén coñecida como Ruta dos Muíños.

Son constantes as denuncias dos veciños de Lugo sobre o mal estado e a falta de mantemento das estruturas distribuídas por un dos traxectos ata hai pouco preferidos por cicloturistas e senderistas, que teñen que pasar por un camiño de obstáculos. 

Pasarela rotaA Consellería de Medio Rural leva varios anos sen facer reformas nas zonas interiores do camiño, e a falta de mantemento provoca que as táboas de madeira que conforman as pasarelas rompan e poñan en perigo aos cidadáns. Da mesma forma, a maioría das varandas destas pontes están rotas ou a piques de caerse, sen que a xente póidase apoiar ou tocalas pola súa inseguridade.

No entanto, unha das solucións polas que optou o departamento autonómico para evitar os accidentes nas pasarelas foi pór unha malla de arame fino, que aínda que nalgunhas se manteña en bo estado, por estar próximas ás entradas da ruta e ser accesibles para repolas, noutras está totalmente rota e deteriorada polo paso do tempo.

MALEZA. O mesmo ocorre coa maleza. Algunhas zonas son intransitables pola herba e silvas que hai e que non son cortadas desde hai anos. Así mesmo, a pintura dos sinais que hai polo camiño está desgastada e moitos paneis que terían que conter un mapa do lugar, con indicacións das diferentes rutas, foron devorados pola maleza.

Pasarelas abandonadas, varandas rotas e maleza son algúns elementos aos que se teñen que enfrontar os usuarios

ResiduosOs residuos tamén teñen o seu papel, sobre todo as máscaras e as botellas de plástico baleiras que se atopan en certos puntos da ruta e que non se recollen. Debido a estas condicións, os usuarios piden á Xunta que repare as estruturas e, acto seguido, realice traballos de limpeza, sinalización e mantemento das pasarelas e da ruta do Mera para conservala e que a xente a poida volver gozar.

SENTENCIA. Parte do mal estado da zona débese a que a Xunta viuse obrigada a retirar, por sentenza xudicial, varias das pasarelas que daban continuiad á senda debido a que atravesaban servidume de leiras privadas. Os propietarios do chan denunciaron á Consellería de Medio Rural e o TSXG deulles a razón, aínda que abriu a porta a volver colocalas a través dun proceso de expropiación que non se iniciou.

A ruta xa recibira outro duro golpe cando o propietario do Muíño do Castro pechou o camiño cun muro ilegal, por cuxa construción foi sancionado. Pero el segue litigando e, mentres tanto, a senda está cortada tamén nese tramo.

Comentarios