Ábalos anuncia que Lugo estará conectado coa alta velocidade en 2021 

O Ministro de Fomento avanzou que un investimento de 239 millóns permitirá que Ourense, Monforte e a cidade da muralla teñan conexión a través do Ave con Madrid
Ábalos y Caballero, este sábado en Lugo. PSOE LUGO
photo_camera Ábalos e Caballero, este sábado en Lugo. PSOE LUGO

O Ministro de Fomento, José Luís Ábalos, anunciou este sábado en Lugo, no transcurso dun mitín dos socialistas, que Lugo estará conectado coa alta velocidade ferroviaria en 2021. 

Nun acto preelectoral, que se celebrou nun dos salóns do restaurante a Palloza que quedaba pequeno con máis de 500 persoas, apelou a que ata que chegaron os socialistas ao goberno "había territorios que estaban absolutamente esquecidos". 

Asegurou nun ano o Executivo do PSOE investiu na provincia "case 59 millóns de euros, moitísimo máis do que investiu o Partido Popular". Ao tempo, avanzou que "agora mesmo o que é a liña de Ourense a Lugo conta cun investimento de 239 millóns", que permitirá que Ourense, Monforte e Lugo teñan conexión coa liña de alta velocidade a Madrid e se rebaixe dúas horas o traxecto. 

Neste sentido, sinalou que esta acción "é grazas a un goberno que estaba en plenitude de funcións, que foron dez meses, e que agora leva cinco en funcións", esbozaba José Luis Ábalos. 
 

Comentarios