Unha tenda de antigüidades sumarase á oferta da Tinería

Un emprendedor, que xa ten outros negocios no barrio, abrirá o establecemento á volta do verán co fin de axudar a revitalizar A Tinería

A oferta de negocios no barrio máis antigo da capital lucense ampliarase tras o verán coa apertura dunha tenda de antigüidades e de restauración de lámpadas art decó, que se situará no baixo do número 42 da Rúa da Tinería, nun inmoble rehabilitado a apenas 30 metros da Porta do Carme.

Un dos seus socios, Manuel Fernández, que conta con outros negocios na zona, afirma que dous razóns lle han levan a emprender esta nova iniciativa, por unha banda, o seu hobby polas antigüidades e, por outra, a súa intención de contribuír a achegar «máis vida» ao barrio.

«Se non hai iniciativas, se non colaboramos os empresarios que estamos aquí asentados e se non chega xente con novas ideas, non poderemos revitalizar a zona da Tinería», asegura Manuel Fernández.

A tenda, que se denominará Itineris, non só será física. Tamén comercializará os seus artigos, de pequeno tamaño, a través de internet.

Ademais de lámpadas art decó, ofrecerá libros, reloxos ou vaixelas, entre outros artigos vintage, que proceden de Francia, «Inglaterra e España», segundo explica este empresario.

MÁS NEGOCIOS. Nos últimos meses abriron máis negocios na Tinería, a contagotas. é o caso dunhas vivendas turísticas na Rúa do Miño, nun edificio que foi rehabilitado por iniciativa privada que acolleu nos seus baixos dous dos bordeis máis afamados do barrio, a Unión, máis coñecido pola ‘Merche', que era a meretriz que o rexentaba, e o Orange.

No barrio máis antigo de Lugo xa funciona unha vivenda turística e outro inmoble ofreceu aloxamento no Arde Lucus

Ambos os prostíbulos pecharon as súas portas ao público hai case dúas décadas. No barrio máis antigo de Lugo xa funciona unha vivenda turística e outro inmoble ofreió aloxamento no Arde Lucus

O edificio en cuxo baixo se atopaba outro bordel histórico, o Asturias, que foi o último en botar a chave no barrio da Tinería, nas pasadas vacacións de Semana Santa, tamén foi aproveitado como aloxamento durante o Arde Lucus.

Na fachada deste inmoble que se atopa tamén na Rúa do Miño colgaba un cartel no que se anunciaban habitacións para os visitantes que acudiron á recente festa de recreación histórica celebrada na capital lucense.

Comentarios