viernes. 03.12.2021 |
El tiempo
viernes. 03.12.2021
El tiempo

A miña avoa

Adrián López. EP
Adrián López. EP
Microrrleato de Adrián López Arias, gañador na cateogría de Primaria do concurso Pon tu gota de agua, organizado por El Progreso e a Confederación Hidrográfica Miño-Sil

A miña avoa sempre me contaba como era a vida antes, e como facían coa auga, xa que era un ben moi prezado.

Cando a miña avoa era unha rapaza, a xente dáballe moita importancia á auga. Na súa vila había unha fonte e un lavadoiro. Á fonte ían por auga xa que moita xente, nas súas casas, non tiña pozos para collela, para cociñar ou para lavarse.

O lavadoiro era moi grande, as mulleres da vila ían alí lavar a roupa. Tiñan que ir pola mañá case sempre, porque pola tardiña esa auga utilizábase para regar os prados. Para este propósito, tiñan feitos uns regos polas cunetas dos camiños ata chegar aos prados onde había moitos máis regos para que a auga se repartise ben por todo o terreo; deste xeito terían herba verde e bo pasto para darlle ao gando.

Cada día da semana tocáballe a un veciño e, así, todos lle sacaban proveito. No verán, a auga do lavadoiro, mediante unhas gomas, quen as tivese, ou a baldes, aproveitaban a auga para regar os morteiros, e sempre procuraban non acabala toda para que quedase para os demais.

Con esta historia quero explicar o importante que é o consumo responsable da auga porque mellor exemplo ca os nosos avós para aproveitala, non o hai. Hoxe en día non lle damos importancia porque temos toda a que queremos. Abrimos a billa e xa sae, cousa que antes tiñan que carretala en baldes para a casa, para os animais, para regar...

Eu penso que deberíamos utilizala con máis sentido: ducharnos en pouco tempo, lavar os dentes coa billa pechada, ao poñer a lavadora ou o lavalouzas esperar a enchelos... Con estes sinxelos feitos, podemos aforrar moita auga. Ademais, temos que ter en conta que hai moita xente no mundo que non dispón de auga e moita outra, estaa a malgastar diariamente.

A miña avoa
comentarios