Ata 85 tendas de Lugo únense para incentivar o consumo local

A Asociación de Autónomas presentou onte a campaña "Agora, máis que nunca, hai que entrar", que repartirá premios entre clientes
Los participantes en la presentación posaron tras el acto. VICTORIA RODRÍGUEZ
photo_camera Os participantes na presentación da campaña pousan onte tras o acto .

A Asociación de Autónomas de Lugo presentou este mércores a campaña de dinamización do consumo que desenrolará entre o 2 e o 9 de outubro baixo a lema "Agora, máis que nunca, nas tendas hai que entrar, aínda que sexa de visita" e inclúe sorteo de premios.

Un total de 85 establecementos da capital lucense participan nesta iniciativa, que busca incentivar as vendas e que os clientes entren nas tendas, coñezan os produtos e se cercioren de que os comercios son seguros e cumpren con todas as medidas de seguridade para realizar as súas compras.

Con este obxectivo, entre o 2 e o 9 de outubro, todas as compras que se realicen nos comercios participantes entrarán no sorteo de 1.000 euros repartidos en cartóns de agasallo por valor de 300, 200, 100 e 50 euros, respectivamente.

SORTEO. O sorteo terá lugar o venres 9 de outubro a partir das 20.00 horas, na Praza da Soidade, no transcurso dunha celebración de fin de campaña e polo décimo quinto aniversario da Asociación de Autónonas de Lugo, onde haberá música en directo e os clientes poderán trocar os tickets por agasallos e participacións no sorteo, que será presencial.

Os clientes poderán identificar aos establecementos participantes na campaña, xa que todos eles contarán con decoración identificativa. Ademais, a organización contrato a varios grupos de animación rueira que actuarán durante esta promoción.

Na presentación da campaña participaron a presidenta da Asociación de Autónomas de Lugo, Marta López; a directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Arenal; o presidente da Federación de Comercio, José María Seijas; o concelleiro de desenvolvemento local e emprego, Mauricio Repetto; e a deputada provincial, Pilar García Porto.

Comentarios